Mapeo Colaborativo
A aplicación Mapeo Colaborativo é unha iniciativa desenvolvida pola asociación Arquitectura Sen Fronteiras (ASFES) para xerar cartografías de xeito colaborativo. Na súa web de presentación https://www.galicia.asfes.org/presentacion-da-aplicacion-de-mapeo-colaborativo/ podemos ler mais detalles como a gratuidade e a disponibilidade a través de licenza Creative Commons.
Captura do mapa creado na app Mapeo Colaborativo |
A información chegounos a través do correo do centro e pareceunos unha moi boa idea, dado que un dos obxectivos do proxecto LEGUARIO é xeolocalizar hitos (prioritariamente en Galicia) e difundir entre a población a súa posición e a necesidade de coidar este patrimonio.
Agradecemos aos responsables do Proxecto Terra no que estamos participando, esta información, e tamén a Juan Ortiz, responsable de Arquitectura Sen Fronteiras que nos dera acceso a esta nova ferramenta.
Xa poñemos o primeiro hito no noso mapa, o que deu idea ao proxecto, o Leguario de Laxosa:
https://mapeocolaborativo.asfes.org/mapas/mcasado/3YfaCuVcUyMZHGET