Tabula Peuntingeriana, o google maps do século IV

 Os miliarios, sinais das vías romanas, tiñan un reforzo nos mapas da época. Un destes mapas que chegou ata a actualidade é a "Tabula Peuntingeriana" con listas de distancias entre distintas cidades, o que viña sendo o google maps do século IV.

Está gardado na Biblioteca Nacional de Austria en Viena, e grazas ao esforzo do historiador holandés René Voorburg podemos agora desfrutar en versión online https://omnesviae.org/ coa que calculamos a ruta seguindo este mapa.

Captura da web https://omnesviae.org/

A tabula data do ano 300 d.C. e non todos os lugares que amosa están identificados.

Se tes interese neste tipo de mapas, na web https://vici.org/ promovida polo mesmo autor podes atopar este mapa arqueolóxico

Outro mapa de percorrido con cálculos da época é este de Stanford https://orbis.stanford.edu/#

Neste vídeo podes ver como se usa, cantos días levaba chegar en burro e outras cuestións.


Outros vestixios mais coñecidos: Itinerario de Antonino

O Itinerario de Antonio Augusto Caracalla é un documento datado no século III no que están recollidas as vías romanas. En cada época menciónanse miliarios e mansións. Nel relátanse 372 rutas, das que 34  (da I a XXXIV) son de Hispania, e tres delas á nosa comunidade que naquela época pertencía a Gallaecia.[4]

Para rematar hai que facer mención dos Vasos de Vicarello (Museo de Cádiz), con grabados de vías romanas dende Cádiz a Roma, unha fonte de inspiración para a reconstrución destas vías.

Mais información

Da serie Documáster da 2 de RTVE: "Los 5 secretos del Imperio Romano bajo su red de carreteras" cóntanos como se facían as vías romanas, puedes velo de novo nestes enlaces
Unha imaxe da mesma web co plano en formato metro destas vías:
 



Fontes:

De Alexandre Vigo - Transferred from Galipedia https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=8796361


Entradas populares