VÍA XIX

A vía XIX, descrita non itinerario de Antonino, unía Bracara Augusta (Braga), con Asturica Augusta (Astorga) pasando por Lucus Augusti (Lugo).

Fito Vía XIX, Corgo (Lugo)

Os conventus (do latín reunión, asamblea) eran as zonas xurídicas romanas. En tempos de Augusto había en Hispania catorce conventus, tres en Gallaecia. A vía XIX unía as capitais de tres conventus Braga, Astorga e Lugo [1]. A partir destes itinerarios se desenvolveron camiños e estradas que hoxe empregamos para desprazarnos entre estas cidades, non co percorrido total como unha única vía senón que segmentadas en estradas de distintas categorías e en rutas catalogadas como peonís, ciclistas e culturais como o Camiño de Santiago.

Conventus Romanos De NACLE - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=37501301

Estanse a facer itinerarios culturais e turísticos por estas vías sinalizados por reproducións de miliarios (como ocorre no caso de o miliario dedicado a Calígula en Guntín) ou doutros fitos feitos para indicar os puntos, tamén recompilando as distancias entre as principais cidades.

Placa no chan. Vía XIX Concello de Lugo

Nesta interesante publicación sobre a vía XIX o autor, González Crespán, resolve o trazado analizando matemáticamente as distancias a partir dunha análise das medicións en distintos documentos antiguos e indica que esta vía tiña 299 km:

Vía romana nº XIX

Iter (Item) a Bracara Asturicam mpm CCXCVIIIII Sic, que significa camino (también) desde Braga hasta Astorga mpm 299 Así. En algunos códices dice Iter-camino, aunque en otros dice Item-también.

mpm son las unidades milia passuum-mil pasos dobles romanos ó millas terrestres romanas.

mpm CCXCVIIIII = XVIIII + XXIIII + XVI + XVI + XXIIII + XII + XXIII + XII + XX + XIII + XXII + XII + XX + XVI+ XX + XXX = 19 + 24 + 16 + 16 + 24 + 12 + 23 + 12 + 20 + 13 + 22 + 12 + 20 + 16 + 20 + 30 = 299, que es la suma de las distancias que están en los códices, en mpm [2].

 O Proxecto Vías Atlánticas

É un proxecto europeo para a promoción das vías XIX e XX. Vinculado a el están webs e publicacións de distinta índole como este mapa das rutas:

Tamén itinerarios turísticos e culturais como este do Concello de Lugo que describe o Itinerario de Antonino neste municipio.
Itinerario de O Corgo a Guntín.

O documento completo pode descargarse neste enlace.

En Guntín atopamos esta ponte de orixe romana sobre o río Ferreira chamada Ponte Cabalar. Hai outra en Pobra de Trives (esta da vía XVIII) co mesmo nome e orixe. A vía que transita pola ponte coincide nunha parte coa Vía XIX e co antigo Camiño Real.

Ponte Cabalar en Guntín


Mais información

[2] González Crespán, César M.Vías Romanas XX y XIX. Revista A Estrada Miscelanea Histórica a Cultural, nº 21 (2018) Capit. 06 - Vías romanas XX y XIX

Publicación del mismo autor, González Crespán, César, relacionada con el artículo anterior, título "Vías romanas XIX y XX", revista El Nuevo Miliario, nº 18-19, mayo 2018, pag 93

Estudo de JR Jiménez (2002) sobre o trazado da vía XIX
Las vías romanas en Galicia: un elemento configurador del patrimonio. Mendez Fonte, Rosa.

Entradas populares

PK