Na contrución dunha vía hai que salvar moitos obstáculos, entre eles os ríos e as montañas; os primeiros sálvanse empregando pontes e os segundos facendo túneles.
Cartel do túnel de Montefurado
Hai dous mil anos os romanos xa facían túneles nas rochas, algún deles como o de Montefurado non foi feito para sortear a vía senón para extraer ouro. Os romanos dominaban a arte de facer túneles, sobre todo os hidráulicos, que requirían precisos traballos de nivelación (ver entrada sobre agrimensura). Compre destacar o de Pansilippo (cerca de Nápoles) con 1500 m de lonxitude e 4 m de ancho datado do 36 a C [1].
Túnel de Montefurado visto dende o mirador
Outro túnel vial antiguo é o de San Adrián, en Guipúzcoa, que comunica a península ibérica co resto de Europa. Nos séculos XVI e XVII transitaba por él o Real Camiño de Postas. Actualmente é un "ben individual" dentro do Camiño de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Camiños do norte de España [2].
Túnel de San Adrián
A construción dos túneles e unha tarefa complexa que queda determinada pola súa función. No caso do trasporte de viaxeiros tamén inflúe o medio e a velocidade.
Ainda que a liña mais corta sexa a recta ás veces hai que facelos en curva para disminuir a pendente ou para mellorar a visibilidade lumínica, como nos explica a exeñeira Nao Casanova neste tuit
Neste vídeo podemos ver unha explicación dos parámetros a ter e conta para facer un túnel no trazado do AVE [3].
Antigos documentos visuais, como este do NODO, amósannos a construción de túneles das estradas nacionais mais importantes, este é da A6, en 1963:
Na autovía A6 ao entrar en Galicia en Pedrafita do Cebreiro, hai un centro de xestión de estradas que ademais das tarefas de vixiancia e control de sete túneles, ten un interese de tipo arquitectónico. Este edificio o forman dous paralelepípedos en cruz, foi deseñado polo coruñés Arturo Franco Taboada (arquitecto e escritor), e foi galardoado no ano 2002 co X premio COAG de arquitectura [4].
aaa
Foto do edificio de control de Pedrafita premiada por @acex_asociacion, autor
Neste vídeo explicannos a importancia e beleza do edificio e do traballo das persoas que diariamente coidan a nosa seguridade no uso das infraestruturas viales
Os edificios vinculados ao mantemento das estradas son tamén parte do noso patrimonio, e sen dúbida merecerán outra entrada deste blog para desenvolvelos con mais detalle.
PROPOSTA DE AULA
A construción de túneles permite salvar obstáculos importantes, no vídeo sobre o de Guadarrama explica o aforro de distancia que supón atravesar o túnel sen ter que subir e baixar a montaña, ponte na pel dunha persoa que traballa nun periódico e redacta un artigo no que esta e outras magnitudes (tempo, velocidade, altura, pendentes, ...) apoien o argumento da mellora que supuxo esta obra de enxeñería.
Captura do vídeo do NODO sobre a construción do túnel de Guadarrama [5]
Tarefa de investigación:
1. Que outros túneles importantes coñeces cerca do teu pobo/cidade? cal foi/é a súa funcionalidade?
2. Tes visto nalgún viaxe centros de control de estradas? en caso afirmativo indica onde e investiga a zona de cobertura e tarefas que desenvolven.
3. Segundo indica na súa web, o arquitecto Arturo Franco Taboada foi premiado polo traballo desenvolvido na estación de tren de Monforte en 1975, investiga documentación da época sobre esta obra e elabora unha exposición sobre a historia da estación facendo fincapé neste punto.
FONTES
O túnel de Montefurado polo que transcorre o río Sil é un dos elementos turísticos do Xeoparque de O Courel, recoñecido pola UNESCO en 2019, nesta paraxe extraíase ouro que se transportaba a través da Vía Nova https://www.gciencia.com/destinos-ciencia/montefurado-oro-rio-sil/
[4] O arquitecto Arturo Franco Taobada ten numerosos traballos relacionados coa conservación de estradas, ademais do edificio de Pedrafita tamén está o de conservación de túneles de A Cañiza