En tempo

 Leguarios con reloxos de sol

Na estrada de Tui a Santiago, a N-550 hai varios leguarios que ademais de marcar o punto da estrada tamén marcan ás horas porque teñen reloxos de sol. No interesante blog Reloxos de Sol en Galicia explícannos que cinco deles aínda se conservan en bo estado. Esta vía formaba parte do Camiño Real de Santiago a Pontevedra no século XVIII, os leguarios están na marxe dereita neste sentido [1]

Na web pódese atopar moita información sobre estes instrumentos e cómo facelos, pero tamén é moi interesante coñecer onde está este patrimonio na nosa zona. Para iso pódese consultar o mapa que teñen publicado coa xeolocalización dos reloxos, é moi interesante ver que hai mais en Pobra de Brollón que en Monforte, ademais están a empregar técnicas estatísticas de recompilación de datos que incorporan á súa web, unha motivación mais para usala como un recurso de aula en distintas materias especialmente en matemáticas [2]. 

Os reloxos de sol tamén se expoñen como elementos decorativos en rotondas de distintos lugares, por exemplo en Vadorrey (Zaragoza) hai un co gnomón mais longo do mundo (en 2013); no Val del Ara (Huesca) hai un na praza do pobo, en Vigo cerca do porto, e incluso hai rutas de reloxos de sol en Cádiz, Madrid e pobos mais pequenos como a do Concello de Otos en La Val, d´Albaida (Valencia).

Proposta de aula

A proposta ten como obxectivo coñecer o funcionamento dun reloxo de sol e poñer en valor os que temos na comarca.
Como primeira tarefa localiza reloxos na túa zona, e investiga cómo funcionan. A mellor foto será portada desta entrada.
Como segunda tarefa está a construción do teu propio reloxo de sol, pódese facer de xeito colaborativo no patio do centro ou nunha zona na que se poida comprobar que efectivamente funciona sen que teña interferencias por sombras de outros obxectos.
Hai moitas webs e vídeos nas que se explica cómo facer un reloxo de sol. Para o alumnado de 4º de ESO e 1º de BACH é interesante facer esta tarefa no tema de trigonometría e lugares xeométricos porque eses contidos empréganse nas construcións. Neste blog escolar sobre rutas matemáticas do IES Aguas Vivas (Guadalaxara) pódense descargar os cálculos do modelo analemático (analema é a curva que describe a posición do sol se o observas á mesma hora do día durante un ano, é a ecuación do tempo) como o que hai en Guitiriz ou no Camiño de Santiago en Cruz de Fierro (Leon):
Como terceira tarefa pódese facer un reloxo de sol coa impresora 3D, similar a estes:
Do proxecto etwinning desenvolvido no ano 2012 no noso IES escollemos este vídeo no que o alumnado francés explica o que ve nas imaxes, o reloxo analemático de Guitiriz:






Mais exemplos:

Construción dunha maqueta en cartulina dun reloxo de sol analemático

https://youtu.be/6xSRiJTeDGY

Canal sobre construcións de reloxos de sol

https://www.youtube.com/channel/UCPxcntO4g7oHdyazNrpIhnQ/videos

Para saber mais

Guía didáctica sobre reloxos de sol
Historia da medida do tempo e os reloxos

Simulacións con geogebra

Simulación do movemento do sol e formación dunha analema

Creación da curva http://geogebra.es/cvg/03/6.html
Mais blogs de consulta de elaboración de reloxos de sol
Plantillas para reloxos de distintos tipos:
Revista digital de matemáticas de Sacit Ametan, IES Profesor Máximo Trueba de Boadilla del Monte:

Fontes



Entradas populares