O proxecto LEGUARIO
Logo Plan Proxecta no que se inclúe este proxecto, Consellería de Educación |
Co eixo vertebrador dos camiños ao longo da historia e a súa identificación, medición, representación e sinalización, xorde o proxecto LEGUARIO. Foi unha reportaxe sobre a vía Küning na que se expoñía o deterioro de pezas de sinalización históricas que se atopan como peche de fincas ou formando parte de construcións o que nos fixo pensar que había que levar a aula o estudo deste patrimonio que forma parte da arquitectura do noso territorio cun enfoque diferente ao que se fai na materia de historia, máis centrado na observación da funcionalidade destes sinais como elemento matemático de medida e de xeolocalización.
Proxecto Terra, programa marco deste proxecto. |
O Leguario é un fito que se usou para marcar as leguas, isto é, a distancia que unha persoa percorre nunha hora. Esta unidade foi tomando distintos valores ao longo do tempo e por iso a eliximos para representar a nosa idea de adaptabilidade e evolución. Queremos poñer en valor as vías de comunicación e os elementos que as determinan como grandes transformadoras da paisaxe e da cultura do lugar, como creadoras de vínculos de pertenza a unha comarca ou conectores de distintas temáticas: arquitectura, paisaxe, ..., por exemplo; o Camiño de Santiago, a Ruta do Románico ou a Ruta das árbores senlleiras.
Obxectivos
- Mellorar o coñecemento da arquitectura do territorio a partir dos elementos das redes viarias galegas, facendo fincapé nas da Ribeira Sacra.
- Valorar o legado vinculado ás vías terrestres e á xeolocalización que as distintas culturas colonizadoras deixaron na nosa comunidade: gravados, sinais, cruceiros, pontes ...
- Coñecer a evolución histórica da cartografía de estradas.
- Identificar as principais arterias que vertebran a comunidade galega, as que nos conectan co resto da península e a súa evolución histórica.

- Investigar as matemáticas vinculadas a estes elementos: medida, xeometría, clasificación, localización, ...
- Investigar os vínculos da toponimia, das técnicas construtivas, e da economía, coas vías de tránsito, facendo fincapé nos da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra.
- Propoñer itinerarios panorámicos (miradoiros ...), arquitectónicos (mosteiros, ...), ou doutra índole, a partir das vías existentes ou abrindo novas posibilidades.
- Identificar os puntos de interese destes itinerarios e os elementos de sinalización.
- Elaborar mapas dixitais con estas propostas utilizando ferramentas colaborativas como google maps.

Organización, desenvolvemento e metodoloxía
No proxecto participarán distintas materias, matemáticas, latín, o ámbito lingüístico e o científico de FP Básica, e tecnoloxía. O alumnado pertence aos grupos de ESO e FPB destas materias.
A organización dos recursos e actividades desenvolveranse dentro do EVA Edixgal e tamén dentro da aula virtual do centro (IES Fco. Daviña Rey), ademais de publicar neste blog os resultados obtidos durante as investigacións que se desenvolvan. Se é preciso, iranse incorporando outras plataformas ou aplicacións.
A metodoloxía promoverá situacións de aula que fomenten a responsabilidade do alumnado no proceso de aprendizaxe, a avaliación e a autoavaliación, a autocrítica e a promoción da iniciativa do alumnado para que sexa o protagonista do proceso.
Avaliación
A avaliación fundamentarase nun seguimento da consecución dos obxectivos antes presentados.
A integración do proxecto dentro da programación de aula fará que sexa avaliado dentro das tarefas de clase e, polo tanto, pase a formar parte dos contidos procedementais.
Haberá criterios de avaliación específicos nas materias implicadas, que estarán detallados dentro da programación de aula e para cada actividade realizada, e que formarán parte das cualificacións de cada trimestre.
Na avaliación participarán os alumnos de xeito activo, mediante autoavaliación e tamén mediante a avaliación das tarefas feitas polos compañeiros, a partir dos indicadores que o profesorado acorde para as distintas actividades.
Respecto da práctica docente, elaboraranse cuestionarios que permitan valorar se foi acorde á aprendizaxe por proxectos e se se empregaron recursos materiais e inmateriais axeitados.
Mais información sobre o IES Daviña Rey
Enlace aos datos do noso centro aquí